“Ayes de mi País”, o primeiro cancioneiro galego
Xa está publicada a edición crítica do primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, “Ayes de mi país”, compliación feita por Marcial de Valladares a mediados do século XIX e que nunca foran publicadas na súa totalidade. DosAcordes edita este traballo feito polos investigadores José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin. Cunha oferta de lanzamento de 30 €. Mira aquí o enlace da nosa loxa.
“Noente Paradise”
Ugia Pedreira acaba de publicar o seu primeiro livro de poemas “Noente Paradise”, editado por Através da Associaçom Galega da Língua (AGAL). Um fermoso caderno com poemas e letras compostas que contém de agasaio um CD com 2 temas gravados especialmente para o livro com música de Fred Martins e Óscar Fernández assim coma uma colecção de postais. Pica aqui para ler o texto de Martazul Busto sobre “Noente Paradise”.
Este livro está á súa disposição na loja d’aCentral Folque
“Licenciado en humano” Madamme Cell en estado puro
Acaba de sair publicado o último traballo discográfico de Madamme Cell “Licenciado en humano”, un CD de música con poemas do autor e ilustracións orixinais de David Creus, un magnífico disco de inquietudes experimentais divido en tres partes ben diferenciadas: solos ao piano preparado, texturas de sons sintéticos e loops de samplers electrónicos. Este é un traballo na búsqueda do minimalismo sonoro e das texturas auditivas organizadas en células musicais a desenvolver.
Madamme Cell (a.k.a. Nacho Muñoz) é un dos compositores músicos máis veteráns da escena do folk galego (Armeguín, Fol de Niu, Mercedes Peón) reconvertido en improvisador e artista experimental.
Linho do Cuco III. Novo disco
Linho do Cuco é unha formación de dilatada traxectoria -case quince anos-. Naceu en forma de pasarúas e co tempo foi evolucionando até converterse no que é a formación actual, unha sorte de “murga” tradicional á que engaden sonoridades coma as da sanfona ou o acordeón diatónico. Andado o tempo, o xérmolo da banda afortalouse coa incorporación de novos membros, todos eles relacionados co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín (hoxe aCentral Folque). Este traballo supón un xiro de estilo e sonoridade onde conflúen tendencias centroeuropeas e timbres populares galegos en perfecta conxunción.
Web do grupo: http://linhodocuco.com/
A Descarga co Xornal!
Dende o vindeiro sábado 22 ao domingo 30 de maio poderase mercar o CD-DVD da DESCARGA AO VIVO nos quioscos de todo o país co Xornal de Galicia.
Sae a un prezo especial de 11,75 €, nunha oferta para os seus lectores que merquen un exemplar ese día.
A música da Descarga dispoñíbel na rede
You can listen the entire album “Descarga ao vivo – Cuba-Galiza” for free on Spotify and Deezer!
Xa podedes disfrutar de toda música da “Descarga ao Vivo – Cuba-Galiza” en “escoita directa (streaming)”, legal e de balde. Iso si, non vos esquezades de que o disco físico inclúe un DVD con engadidos moi, moi… interesantes ;)
| Listen for free on Spotify |
| Listen for free on Deezer |
Descarga en Madrid&Barcelona!
Intensa semana de presentación de “Descarga ao Vivo – Cuba-Galiza” en Madrid & Barcelona:
- Jueves/Xoves 28 – MADRID
12:30 – Presentación na Casa de Galicia
(C/ Casado del Alisal, 8)
19:00 – Presentación na Fundación Vallecas Todo Cultura (C/ La Diligencia, 19)
- Divendres/Venres 29 – BCN
12:00 – Presentación no Centro Galego
(La Rambla 35-37)
- Dissabte/Sábado 30 – BCN
22:00 - Concert d’Alejandro Vargas Trio
Ateneu Popular de Nou Barris
(Cr. Portlligat 11-15)
Axenda: A Descarga preséntase na FNAC [ A Coruña: venres 8 de xaneiro – 19:30 horas ]
Na presentación poderemos disfrutar dun pequeno concerto de Alejandro Vargas New Trío e algunha sorpresa máis, como a participación de Xabier Díaz. Non volo perdades!

A música da Descarga xa dispoñible en iTunes
Music album available at the best digital stores! And coming soon… “descarga ao vivo” on spotify ;)
A música da Descarga xa está dispoñible a un prezo moi atractivo nas principais tendas dixitais do mundo. E nuns días, tamén en Spotify. Iso si, non vos esquezades de agasallar o CD+DVD neste Nadal!
Ramom Pinheiro (Chito), o investigador que iniciou o proxecto, fálanos da “Descarga ao Vivo”
Agora que o disco da Descarga ao Vivo xa é unha realidade, recuperamos esta estupenda reportaxe que A Nosa Terra realizou sobre o proxecto. Botádelle unha ollada!






